Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

OS SUICIDANTES

€18,95
ISBN 9788411104395

Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans. As mentes están atravesadas por unha angustia indefinible e centos de vidas causan baixa definitiva cada día para un sistema que só busca a supervivencia da produción. Pero Marion, a pesar de todo, é unha resistente. E non só porque estea evitando inflixirse a morte, senón porque nela comeza a nacer unha resposta a esa tiranía que alimenta, contra os seus propios intereses, a propagación dunha doenza chamada «A gran dor». Aínda que non está orgullosa do seu traballo, Marion leva tempo sendo unha suicidante. Unha operaria da destrución. Aplaca o suplicio mental dos seus clientes a cambio de diñeiro. Mata, elimina, liquida. Pertence a unha banda armada que opera contra o réxime, pero sen cuestionar a súa brutalidade. Ata que chegue o día en que quizais mude o vento da traxedia.

Diego Ameixeiras firma o seu primeiro cómic canda o veterano debuxante Tomás Guerrero. Visión negra e distópica dunha Compostela futura, sucia e medio abandonada, onde un grupo clandestino mata por encarga. Asolados pola Gran Dor, os habitantes da cidade queren morrer. Pero como o suicidio se pena co ostracismo de todos os familiares do finado, son os propios desesperados os que contratan esta caste de asasinos. Mais a súa natureza antisistema está a piques de cambiar cando o propio sistema se aproveite dos suicidantes en beneficio propio.

BIOSBARDIA

____

Editorial: Xerais 11-2023
Idioma: Galego