Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

OS OLLOS QUE FALAN

€15,00
ISBN WP1379
Once cantares galegos Os ollos que falan. Rosalía de Castro é unha produción da Asociación Socio-Pedagógica Galega. grabado no Estudio de Grabación Mans. Trátase da musicación que realizou o sexteto Tempo Catro de once poemas de Cantares Gallegos e que leva por título, Os ollos que falan. Rosalía de Castro.

O disco mostra unha Rosalía actual e viva, capaz de comunicar con nós a través de temas como a conciencia sobre Galiza e o seu estado, o amor e o desamor, o erotismo e a sexualidade, en clave nada convencionais, por certo. Todos estes temas, e moitos máis, abrollan nestes cantares agora feitos música con ritmos de valse ou de fado; de salsa ou de xota; de mazurca ou pasodobre. O proxecto  busca difundir os cantares de Rosalía neste ano no que se fai o 150 aniversario da súa publicación.

TEMPO CATRO

Compoñentes: Suso Iglesias acordeón, Andrés Pazos piano, Antonio Romero contrabaixo, Pablo Salgueiro instrumentos de percusión, Javi Cedrón violín e Begoña Lorenzo voz

____

Editorial: as.pg