Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron.
Nel abórdase a represión fascista nas comarcas de Pontevedra, o sur de Lugo, Ferrol, A Coruña, a Mariña, Ordes e Terra de Montes, ademais de temas como os procedementos e actuacións dos represores, as mulleres falanxistas, o papel da Igrexa, os tribunais militares e a represión económica.
Trátase do primeiro traballo que estuda de forma global este fenómeno que completa o relato histórico desde outra perspectiva. Segundo un dos coordinadores, Xosé Ramón Ermida, "este libro ten vontade iniciática, pretendemos abrir un debate. Non é un libro que feche nada, o que queremos é favorecer o coñecemento sobre iso. A intención é darlle continuidade nas dúas perspectivas, a territorial e a temática, porque quedan outras moitas comarcas e tamén outros temas vinculados, como o papel da patronal na represión, por exemplo". Xoán Carlos Garrido tamén mantén que este é só un comezo: "Estamos abrindo un camiño, pero a represión como estudo estrutural require que os estudos parciais se vaian acumulando e se lle dea un marco xeral, estudando o porqué e o como. Pero creo tamén que os autores que aparecen no libro son xente que leva traballando no tema moitos anos, como Bernardo Máiz ou Dionisio Pereira, que levan 30 anos con isto". O silencio sobre os verdugos "Este é un traballo moi agardado desde hai tempo", afirma Ermida. "É necesario falar dos verdugos porque hai vítimas. Se hai un Alexandre Bóveda asasinado na Caeira é que hai un Lis Quibén perseguindo demócratas nas terras de Pontevedra". A razón sobre o silencio atópaa o historiador ligada á política de reconciliación nacional "que impón o PCE", e o momento clave é o pacto do 78, "que levan adiante os herdeiros políticos dos verdugos e unha parte dos herdeiros políticos das vítimas". Estamos diante dun traballo valente dada a cantidade de investigadoras e investigadores procesados nas últimas décadas. "Tanto os coordinadores como os autores sabemos que xogamos con lume", recoñece Garrido. "O franquismo non rematou e somos conscientes de que non estamos libres de que nos denuncien, pero tamén é certo que nós andamos con coidado. Se non for así igual seriamos máis ousados á hora de apuntar hipóteses. Neste caso practicamente tes que facer ti o que non fixo a policía ou os xuíces, que é descubrir e probar ti quen foron os autores. A nós esíxesenos non desde o punto de vista académico, senón penal". Os nomes que aparecen son, na súa maioría, tirados de fontes dos propios consellos de guerra franquista "onde aparece referenciada a actividade represiva tanto de persoas ligadas á Falanxe como as milicias paramilitares vinculadas ao réxime", explica Xosé Ramón Ermida. Outra parte recolle testemuños directos de persoas que o deixaron por escrito, formaran parte da propia represión ou presenciárana de forma directa. Permanencia no poder E esta dificultade para investigar explica tamén o que pasou aquí e por que atopamos apelidos entre os represores que despois da Transición continuaron sendo parte das elites do Estado español, como Rosón ou López-Sors. "Cando estudamos os represores e as ramificacións que teñen, e como se beneficiaron os que hoxe son demócratas de toda a vida do botín obtido grazas á represión, entendemos por que nós non podemos estudar de maneira normal ese período como se estuda calquera outro. Hai moito interese en ocultar a orixe das fortunas e dos privilexios de moitas clases, persoas e colectivos que hoxe ostentan unha posición grazas ao crime, ao asasinato e ao roubo e todo iso", di Garrido. "Moitas das persoas directamente implicadas en labores represivos son persoas que seguen ocupando cargos de relevo nas corporacións franquistas e nas primeiras da democracia, e que a partir do 78 ocupan cargos de responsabilidade tanto en UCD como en Alianza Popular. Moitos foron recolocados polo propio réxime nas súas estruturas de poder", conta Ermida, quen tamén lembra que outros moitos remataron como funcionarios das cámaras agrarias ou nos sindicatos verticais. Máis dificultades ca nunca A obra mantén, asemade, que o dereito a saber e a liberdade para investigar seguen postos en dúbida. Un bo exemplo é que aínda quedan moitos arquivos que non se puxeron a disposición pública, como os das comisarías, delegacións da orde pública e comandancias da Garda Civil. E, apunta Garrido, "hai algúns que se están a fechar, sobre todo cando foi o boom da memoria histórica a raíz do bipartito, que provocou unha reacción, por unha banda con denuncias e por outra coa destrución de arquivos familiares". Alén disto, quéixase, "arquivos aos que antes se podía acceder, coa Lei de Protección de Datos non fan máis que poñer dificultades. E a Lei da Memoria que ía abrir os arquivos non valeu para nada. Os que estamos a investigar estamos atopando máis dificultades que hai dez ou vinte anos". Preguntado pola tipoloxía dos represores, o historiador Xoán Carlos Garrido nega que se poida facer unha clasificación: "A represión existe porque hai colectivos ou clases interesadas en que exista para os seus obxectivos. A Igrexa, por exemplo, ou certos colectivos militares, a patronal, e despois hai todo un grupo de lumpen e de persoas que a título individual aproveitaron a oportunidade na medida en que non tiñan moitos escrúpulos e a situación ofrecía unha posibilidade de medrar a conta destes crimes". E, insiste, "que ninguén pense que a represión é produto de psicópatas. Os psicópatas foron usados pola xente de ben e de orde que quería conservar os seus privilexios. A represión non existiría simplemente por xente que desfruta cortando testículos e violando". El prefire estabelecer grupos de interese "porque o ser humano é moi contraditorio: hai xente capaz de matar e de salvar. Por exemplo, o gobernador civil, o carniceiro de Extremadura, cando chegou a Pontevedra puxo orde nalgunhas cuestións da represión e mesmo na recuperación de fillos de vítimas da represión cos que se quedaran algúns militares. Onde encaixa Gómez Canto para estabelecer un tipo de represor?", pregúntase. E explica as razóns da Igrexa, tema analizado por el no libro, "que apoia a represión porque quere manter un status que tiña antes do 36 e mesmo melloralo, porque quedaron moito mellor que antes da República". Mentres, Ermida fala dun perfil que el chama o "falanxista quinqui", que utiliza o terror e o asasinato para enriquecerse. "É o caso de González Zaera, por exemplo, un fascista de primeira hora que aproveita a represión para facturar, desde cobrar para non matarlle o parente a pasar o cepillo para poder visitar alguén á cadea". De Interviú secuestrado a Dionisio Pereira Desde a política de reconciliación nacional e a Lei de Amnistía, os problemas xudiciais contra calquera que publicase nomes de represores sucedéronse desde a mesma Transición. O secuestro da revista Interviú en 1978 pola querela dos irmáns Rosón (mentres un deles -Antonio- era presidente da pre-autonomía galega), identificados nun artigo daquel semanario como protagonistas da represión no leste de Lugo, foi un claro aviso a navegantes. Máis tarde, en 1981, mentres se producía o golpe de estado, secuestrábase o documentario Rocío, en que se amosaba un discurso crítico co feche da Transición e se mencionaba os verdugos. E un dos coordenadores deste libro, Dionisio Pereira, foi demandado en 2007 pola familia do ex alcalde franquista de Cercedo, Manuel Gutiérrez, por involucralo na represión cando fora xefe da Falanxe nesta localidade. Non foi exonerado até 2009, cando a Audiencia Provincial de Pontevedra o absolveu cunha sentenza que confirmaba que o historiador contaba con fonte sólidas, de carácter tanto arquivístico como oral.
Idioma: Gallego

____
Editorial: Sermos GalizaIdioma: Gallego