Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

CONTOS ÁS OITO

€15,00
ISBN 9788416884964
Cadeas de favores que acaban con premio e merendas máxicas que terminan en catástrofe, bonequiñas agradecidas e burros ingratos, hospitais para xoguetes e meigas menciñeiras: atrevédevos a vos mergullar nestas emocionantes historias, onde nunca se sabe que parte é imaxinaria e que parte é real. O único seguro é que o pasaredes de fábula e descubriredes máis dun segredo ben gardado!
A inglesa Enid Blyton (1897-1968) foi unha das autoras máis prolíficas da literatura infantil do século XX, con máis de setecentas obras que se traduciron a cerca de cen linguas. As súas historias, cheas de aventuras, misterios e valores como a amizade e a xustiza, seguen chegando ó corazón dos pícaros de todo o mundo.

____

Editorial: Sushi book 05-2025
Idioma: Galego
Páxina: 126
INFANTIL E XUVENIL
A PARTIR DE 7 ANOS