Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

OS MONOS DE LAXEIRO

por Laxeiro
€17,50
ISBN 9788484874096
O presente volume é unha recompilación exhaustiva da totalidade das viñetas que Laxeiro fixo para a prensa.

Este traballo, actualmente non moi coñecido, de quen chegou a ser unha figura fundamental na renovación da arte galega do século XX, é publicado por primeira vez de forma completa e significa, por tanto, unha achega imprescindible para o coñecemento, tanto dos inicios dun dos artistas galegos máis relevantes de tódolos tempos, como do humor gráfico na Galicia daquela época. Estes traballos datan dos anos 1928, 1929 e de xaneiro de 1930. Laxeiro tiña entre vinte e vinte e un anos e son o primeiro traballo profesional dun artista, aínda mozo, que demostra xa unha grande madurez e unhas dotes excepcionais para o debuxo, así como un fino sentido do humor.
O libro complétase con tres textos que abordan esta faceta de Laxeiro dende tres perspectivas ben diferentes, como son a circunstancia persoal e biográfica; o aspecto estilístico e antropolóxico e, por último, a contextualización no panorama do humorismo gráfico da época.

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego