Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

OS MESTRES MORTOS DAQUEL VERAN

€22,70
ISBN 9788491519690

Os principais protagonistas deste libro son dez homes e dúas mulleres.
Ábrese con María Vázquez Suárez, mestra compostelá destinada en Miño,
asasinada polos fascistas nunha praia deste concello o 19 de agosto de
1936, e remata con Francisco Ponzán Vidal, mestre aragonés destinado en Camelle
(Camariñas), asasinado polos nazis nun bosque próximo a Toulouse o 17 de
agosto de 1944. Entre unha e outro figuran Rafael Fernández Casas, Jesús Álvaro
López Brenlla, Mercedes Romero Abella, Rafael Pardo Carmona e Fernando Barcia
Veiras, Manuel Rodríguez Castelao e Xosé Losada Castelao, Arximiro Rico Trabada,
Víctor Fraiz Villanueva e Ramón Amadeo Figueroa Vilachá.
A memoria debe ser o clamor que enterre definitivamente o silencio sobre
os mortos.

Narciso de Gabriel é catedrático de Historia da Educación na Universidade
da Coruña. Foi director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (1993-
2005) e decano da Facultade de Ciencias da Educación (2005-2012). Os
seus libros máis recentes son Elisa e Marcela. Amigas e amantes (2019), Xosé
María Álvarez Blázquez, mestre republicano (Editorial Galaxia, 2019) e Vermellos
e laicos (Editorial Galaxia, 2021). Recibiu os premios de investigación María

Barbeito, Losada Diéguez e da Crítica de Galicia por Escolantes e escolas de ferra-
do (2001) e o Concepción Arenal por Ler e escribir en Galicia (2006). Na actuali-
dade dirixe Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación.

______

Editorial: Galaxia 01-2023
Idioma: Galego