Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

OS MÉDICOS TAMÉN ENFERMAN

€16,90
ISBN 9788418567766

Doce anos despois de exercer como alcalde, primeiro no Concello de Teo, e despois
en Santiago de Compostela, Martiño Noriegaregresou á súa profesión, a Medicina. Esta
primavera publica Os médicos tamén enferman (Alvarellos Editora), unha crónica persoal
onde Noriega relata o seu retorno ao mundo sanitario nestes anos precarios.
Escrito entre os anos 2021 e 2024, este libro permítenos descubrir directamente o sentir
dun médico no duro contexto da sanidade pública nesta época da post-Covid, mais tamén
está inspirado nas voces directas das propias persoas que escoita cada día na súa consulta de atención primaria.
«Reincorporeime á medicina ao comezo da pandemia, despois de moitos anos
de sobreexposición pública ?afirma no Limiar ?.
Na Medicina de Familia reencontreime nos coidados coa palabra acompañar, co exercicio
de escoitar e co innecesario de ter que opinar de todo a todas horas. Este feixe de historias naceron precisamente desa escoita atenta que pode ser parte da cura>>.

____

Editorial: Alvarellos 03-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 123
NARRATIVA