Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OS INMIGRANTES IMAXINADOS. A IDENTIDADE GALEGA NA ARXENTINA (1780-1960)

€28,00
ISBN 9788411763226

Este libro aborda a historia sociocultural da colectividade galega na Arxentina, a máis importante de América, entre finais do século XVIII e mediados do XX, e analiza a conformación da súa identidade colectiva en relación coas imaxes que sobre os inmigrantes circulaban naquela sociedade, na esfera pública e literaria, entre os séculos XIX e XX, o peso dos estereotipos negativos e a súa evolución, a competencia e complicidade con outras colectividades, nomeadamente a italiana, e o papel das elites galegas no fomento de imaxes alternativas do bo inmigrante.

Tamén se revisan as actitudes dos inmigrantes cara á súa lingua e estúdanse as súas festas, miradoiros para esculcar as dinámicas de convivencia e conflito de diversos referentes identitarios, con especial atención ao teatro xerado na colectividade galega de Bos Aires. 

Un rico calidoscopio de imaxes, estereotipos e contraimaxes que neste libro se reconstrúe para contribuír ao coñecemento das mentalidades e imaxinarios da diáspora, parte indispensábel da historia da Galicia contemporánea. 

Núñez Seixas, Xosé M.

(Ourense, 1966) estudou Historia nas Universidades de Compostela e Dijon, e doutorouse no Instituto Universitario Europeo de Florencia. Catedrático de Historia Contemporánea na USC, entre 2012 e 2017 foino tamén da Universidade Ludwig- Maximilian de Múnic, e profesor convidado no Colexio de Europa (Natolin) e nas universidades de Stanford, París VII e Turín, entre outras. As súas pescudas céntranse na historia comparada e transnacional dos nacionalismos e as identidades territoriais en Europa, os estudos migratorios, a historia sociocultural da guerra e a memoria das ditaduras. Entre as súas obras máis recentes, salientan O soño da Galiza ideal. Estudos sobre exiliados e emigrantes galegos (Galaxia, 2016), Camarada invierno. Experiencia y memoria de la División Azul (2016), Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018 (2018, Premio Nacional de Ensayo, 2019), Guaridas del lobo. Memorias de la Europa autoritaria (2021), Imperios e danzas. As Españas plurais do franquismo (Galaxia, 2021, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020) e Volver a Stalingrado. El frente del Este en la memoria europea (2022, Premio W. Benjamin de Ensaio 2021)

______

Editorial: Galaxia 2020
Idioma: Galego