LETRAS GALEGAS 2026
Pequena biografía de Begoña Caamaño.
A vida de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, foi un fío extraordinario que se pode seguir nas páxinas desta biografía ilustrada. Desde a súa infancia inventando xogos ata converterse nunha das voces máis importantes da radio, do activismo e da literatura galega, Begoña loitou sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade, tecendo redes de amizade e escribindo. Nas súas obras, deulles voz e puxo no centro a mulleres que a literatura deixara nun segundo plano. O fío de Begoña rompeu cedo de máis, pero os fíos da memoria permanecen e manteñen vivo o legado dunha figura clave na cultura galega contemporánea.
_____
Editorial:XERAIS 01-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 40
BIOGRAFÍA
INFANTIL E XUVENIL - PEQUENO MERLÍN
ALBUMS