Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

OS FILLOS DO MAR

€21,35
ISBN 9788499143460
Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Finalista Premio Xerais 2011 - Premio Literario ''Arcebispo Juan de San Clemente'' 2013

Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta.Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico, a acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán.Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego