Este non é un libro sobre corrupción. As eivas dun sistema que algúns disfrazan, moitos aproveitan e a maioría descoñece permiten a contratación de persoal funcionario a dedo, amañar oposicións, adxudicar obra pública a amizades ou pór e quitar xuíces afíns ao partido político no poder… mais sen incumprir lei ningunha.
―Isto é legal, non? Pois se é legal, é ético. Non hai máis volta! ―Se é legal é ético? De verdade cres o que dis? Revisa algo de historia, mesmo de xeografía política: a de horrores que se fan no mundo en base a leis que son de todo menos éticas, morais ou humanitarias. ―Estás moi equivocada. Quen pode dicir o que é ético e o que non o é, senón a Lei? Ou deixamos todo ao arbitrio e ás prevaricacións que queira facer cada quen? Este non é un libro sobre corrupción. As eivas dun sistema que algúns disfrazan, moitos aproveitan e a maioría descoñece permiten a contratación de persoal funcionario a dedo, amañar oposicións, adxudicar obra pública a amizades ou pór e quitar xuíces afíns ao partido político no poder… mais sen incumprir lei ningunha. O mesmo que a fidelidade á parella, unha persoa só poderá declararse honrada nese momento: cando se presenta a oportunidade perfecta para non selo. E para o alcalde de Ronsaño, un home cercado por complexos propios e intereses alleos, decidir en diferentes momentos da súa vida non será sinxelo. Os Donos das Cinsas, Premio Risco de Creación Literaria na súa XVII edición, emprega a ficción para contar actualidade e a novela para facer xornalismo. A ética, a política, os novos movementos, o caciquismo, a xustiza, as leis e as trampas legais mestúranse nunha historia de evolución humana e deriva familiar na que nunca hai nada «bo», senón «bo para algo».
Idioma: Gallego

____
Editorial: UrcoIdioma: Gallego