Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

OS DO MAR

por PACO PAZ
€18,00
ISBN 9788412810615
O pequeno porto de Rinlo, na costa de Lugo, é protagonista desta historia pola que desfilan personaxes estrambóticos, matóns e sereas terrestres, e na que nada nin ninguén é o que parece. Talvez, neses días finais do outono, só a vila mostra a súa auténtica faciana.
O xornalista de "El Progreso", Roi Díaz, indagará sobre a desaparición dun vello mariñeiro percorrendo as súas estreitas rúas, as súas tabernas e a afuracada costa mariñá.
Paco Paz debuta na novela cunha obra que enxalza a beleza natural e o pasado indiano da Mariña lucense e comprácese en ensinar ao público algúns dos seus máis ricos tesouros.

____

Editorial: Belagua 04-2024
Idioma: Galego