Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

OS CORPOS FRÁXILES

€16,00
ISBN 9788412858198

Esta é unha novela sobre a relación entre unha neta e unha avoa. Sobre a descuberta da finitude, da fraxilidade.
A primeira novela de Sofía Ruvira busca a literatura nos pequenos detalles e nas emocións universais que levan movendo o mundo desde sempre.

Sofía Ruvira é escritora, artista e investigadora, a pescudar relacións vencelladas á memoria, o corpo, a natureza e a palabra, traballando a performance, danza, teatro, escritura e arte multimedia. Participou en diferentes proxectos como o festival IHRAF (Nova York 2024), PAUSA (Queens NY 2023), o ciclo MEXER (MIHL, Lugo 2022) e a exposición Cultivar Invertezas (CGAC, Santigago 2021), entre outros. Atualmente desenvolve o seu doutoramento en literatura na universidade de Yale. Os corpos fráxiles é a súa primeira novela.

____

Editorial: Aira 06-2024
Idioma: Galego