Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

OS ADEUSES

€18,00
ISBN 97884929230451
En Galicia temos fartura de despedidas, pois é “terra de adeuses”, como en feliz ocasión a cualificara o patrucio de Trasalba, Ramón Otero Pedrayo. O gardador do tesouro foi o fotógrafo Alberto Martí, quen de forma sistemática e paciente foi enchendo a súa cámara fotográfica de figuras e de sentimentos, de esperanzas e de tristuras. Os seus protagonistas son xente anónima, pero fundamental para entender a historia colectiva da Galicia do século vinte.


Foi unha das pérolas que ecoaron naquel discurso de inauguración do curso académico 1954-1955 pronunciado no paraninfo da Universidade de Santiago, dedicado a evocar as “vivencias” da emigración galega. Cando Otero estaba a pronunciar aquel discurso, os adeuses galegos estaban nun novo apoxeo, coa apertura das migracións cara a América, nomeadamente a países novos como Venezuela e Brasil, que alongaban o leque de destinos americanos, antes centrados nos países de Arxentina e de Cuba. Era a derradeira eclosión da navegación marítima de pasaxeiros, que o propio Otero ben sentira —e contara despois nun guapo libro— con ocasión da súa viaxe a Arxentina en 1947, a bordo do nomeado paquebote Cabo de Hornos. Daqueles adeuses ficou memoria nalgún documento gráfico que virou célebre, despois da súa publicación en libros como Galicia hoy (1966), a cargo de Luís Seoane e Isaac Díaz-Pardo. Refírome ás famosas fotos de Manuel Ferrol sobre a emigración tomadas no porto da cidade da Coruña. Son documentos singulares, mais escasos. Outros fotógrafos traballaron arreo naqueles mesmos lugares, tomaron milleiros de fotos daquelas chegadas e adeuses, pero non eran coñecidas do público por non se teren difundido acaidamente. Porén non hai ben que se garde eternamente oculto. E o que resulta ser un testemuño de primeira orde sobre o trafego humano da Estación Marítima d’A Coruña pode ser agora coñecido e analizado grazas a este libro.

____

Editorial: Consello da Cultura Galega
Idioma: Gallego