Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MARUJA MALLO. A PINTURA DA NOVA MULLER

€15,00
ISBN WP2448
Maruja Mallo. A pintura da nova muller pretende un achegamento á obra pictórica de Ana María Gómez González (Maruja Mallo, Viveiro, 1902-Madrid, 1995). Unha personalidade de intensa vida vivida e mitificada que alimentou unha construción icónica desenvolvida ao longo da súa existencia, a xeito de autorrealización.

O libro oriéntase na dirección de evitar o anecdótico para salientar os aspectos estritamente artísticos situados, no entanto, no contexto xeral cultural e histórico, sen esquecer, evidentemente, o biográfico. Preténdese subliñar os valores artísticos da pintora, na convición de que paga a pena ficar co mellor da artista, non co mito, con ser este ben atractivo, senón coa pintura, que ten un posto na Historia da Arte con maiúsculas, non como unha artista menor máis, senón como unha auténtica creadora que reclama o seu lugar no discurso da historia da pintura do século xx, sen que iso implique esquecermos a muller que procurou e conseguiu rachar barreiras na vida e na arte e que conseguiu plasmar coa súa obra a imaxe da nova muller que, como as súa bañista de finais dos vinte, camiña con paso firme e con vontade de inequívoca afirmación de liberdade. Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é profesor de Lingua e Literatura Galegas e licenciado en Xeografía e Historia, sección de Historia da Arte. Ensaísta de temas literarios e artísticos e comisario de exposicións. Entre as súas publicacións cómpre salientar as dedicadas a escritores, entre outros, como Lorenzo Varela, Manuel Antonio, Xosé María ílvarez Blázquez, Vicente Risco, Eduardo Blanco-Amor, Rafael Dieste ou Ramón Cabanillas. Entre os seus libros máis recentes destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega (NigraTrea, 2004), en colaboración con X. R. Mariño Ferro, e Breve historia da arte galega (NigraTrea, 2005) e os catálogos Diáspora. Dez artistas galegos no exilio latinoamericano (1930-1970) (Marco e Fundación Luís Seoane), De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a pintura galega de posguerra (Fundación Laxeiro) e Seoane, razón e compromiso (Fundación Caixanova). Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento «Faro da cultura» do xornal Faro de Vigo.

____