III Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía
O conxunto de poemas que presentou seguen "a liña do que estou escribindo ultimamente, o destino do ser humano", apunta, precisando que no caso de 'Oracións profanas' está presente "en todo o poemario un ton desesperanzado", froito da "afectación polo que sucede na vida". "A superior harmonía destes versos, a súa elaborada arquitectura tanto de conxunto coma microtextual revelan unha imaxinería fulgurante que convida a reler o río da memoria que nos leva neste presente intenso e avolto que nos tocou vivir", conclúen os integrantes do xurado para avalar a súa escolla entre as obras presentadas, das que tamén quixeron destacar a súa calidade "que evidencia o estado de magnífica saúde da nosa poesía". O premio "que leva o nome do máis insigne poeta de Guitiriz" está dotado con 2.000 euros e a publicación da obra a cargo de Espiral Maior.
Idioma: Gallego

____
Editorial: Espiral MaiorIdioma: Gallego