Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O MILITANTE

€24,00
ISBN 9788419754479

A verdade tranquiliza ou desacouga?
Martiño Domínguez, destacado militante nacionalista e líder sindical, dez anos despois de deixar a política activa por desavinzas, volve ter un cargo importante: presidente da Comunidade de Propietarios da rúa do Con nº 68 da cidade da Oliva.
Desde o seu novo posto descríbenos os problemas sociais da veciñanza e lembra os principais episodios económico-políticos nos que participou como dirixente nacionalista e como presidente do Comité de Empresa de Caixasur. Para Martiño, a súa vida e a de milleiros de cidadáns da Oliva sería totalmente distinta se non saldasen Caixasur, pois foi aí onde comezaron a maioría dos problemas.
Este libro está escrito para aquelas persoas que queren saber, seguindo a máxima de John Berger de que «a imaxinación non é a capacidade de inventar, senón a capacidade de desvelar o que existe».

Autor: Afonso Eiré

Xornalista e escritor. Des que no 1998 viu a luz Amigos Sempre, leva publicados máis de vinte libros, tanto de ficción como de ensaio e de investigación. Con Hércules de Ediciones saíron do prelo Belesar, o orgullo de España (2013); Eu estaba alí (2014); O Piloto, o último guerrilleiro (2015); Galegos universales, Fidel Castro “neto de galegos pobres” (2016); A morte do meu pai (2017); Memorias dunha vaca marela (2018), A maxia da auga (2020) e Ausentes (2022).

____

Editorial:Hércules 05-2024

Idioma: Galego