{"product_id":"onde-o-vento-me-leve","title":"ONDE O VENTO ME LEVE","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eUn home que afirma que non cre no homo sapiens, pero si cre no mar e na poesía, decide facer unha viaxe solitaria, percorrendo os mares todos e desembarcando só en illas. Unha viaxe que será longa, como di Kavafis que hai que pedir que sexan todas as viaxes. Non importa o destino, só importa a propia viaxe. E levará como compañeiros aos escritores que escribiron libros que lle fan soñar e aprender. Tamén estará acompañado polos seres mariñeiros que irá atopando, e cos que conservará sobre libros e á procura dun mundo mellor, e sobre o importante que é soñar.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eTodo o que aquí se conta é verdade, porque o navegante cre no que afirma Pessoa no Libro do desassossego: o soñado e tan verdadeiro como o vivido, e o que a mente é quen de imaxinar tamén é igualmente verdadeiro.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003e\u003cstrong\u003e  Xosé Henrique Rivadulla Corcón\u003c\/strong\u003e, nado na Coruña 1962, é un escritor, guionista, locutor e presentador galego.\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eColaborou na Radio Galega (co programa A casa do vagabundo) e fíxoo tamén na Televisión de Galicia co programa A vida do mercado (anteriormente con Planeta Fantasía, Salitre e vento e Caravana de sabores), ademais de diversos documentais como Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño e Redeira, un oficio galego e de mulleres; e foi xefe de produción da Área da Cultura de TVG, entre 1987 e 1989. Presidiu o Foro de Asociacións de Guionistas do Audiovisual e foi vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eComo guionista traballou para diversas produtora privadas como \"Corazón Negro\", Sincro Porducións\", \"C.A.I. Producions\", \"Productora Faro\", \"Lúa Films\", \"Non Si P. C.\", \"Vía Láctea filmes\", \"CTV\", \"Editorial Compostela\" e \"Manivela Producións\".[4]\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eColaborou en diversos medios de comunicación como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Faro de Vigo, RNE, Antena 3, Telecinco.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e_____\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"font-size: 0.875rem;\"\u003eEditorial: \u003c\/span\u003e\u003cspan style=\"font-size: 0.875rem;\"\u003ePIRAL MAIOR 05-2026\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 181\u003cbr\u003eNARRATIVA\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"X.H.RIVADULLA CORCÓN","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52918319939931,"sku":null,"price":19.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/979139911823.jpg?v=1777978638","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/onde-o-vento-me-leve","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}