A intensa relacion de Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) coas artes plásticas púxose xa de manifesto moi axiña con textos coma o "Preludio a toda estética futura" ou o seu interese polas vangardas de comezos do século XX.
A súa obra gráfica, constituída por centos e centos de debuxos, é un xeito de entender a realidade circundante e de relacionarse co mundo. Unha ollada chea de matices que reflicten as múltiples facetas da obra e a personalidade do escritor.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego