Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O VIAXEIRO ASTRAL

€20,50
ISBN 9788498650471
Novela na que se describe a brutalidade do confinamento carcerario. Darrell Standing, o protagonista, descobre a imaxinación como único xeito de aturar as torturas ás que son sometidos os presos. O pensamento fantástico convértese dese xeito no vehículo idóneo para denunciar a hipocrisía e as desigualdades sociais

Publicada un ano antes da súa morte, é unha das máis grandes e emblemáticas novelas de Jack London. Desde as súas primeiras obras, Jack London (San Francisco, 1876-Glen Ellen, California, 1916) foi un dos escritores máis populares dos Estados Unidos, sona que logo se había estender a todo o mundo co éxito da súa novela A chamada da selva. No ano 1915, ao final da súa vida, publica O viaxeiro astral, novela na que se describe a brutalidade do confinamento carcerario. Darrell Standing, o protagonista, descobre a imaxinación como único xeito de aturar as torturas ás que son sometidos os presos. O pensamento fantástico convértese dese xeito no vehículo idóneo para denunciar a hipocrisía e as desigualdades sociais cunha prosa narrativa que amosa toda a forza estilística de London xunto á súa gran capacidade para fabular o mundo.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego