Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O VERÁN NO QUE MIÑA NAI TIVO OS OLLOS VERDES

€20,50
ISBN 9788417388782

Aleksy rematou os seus estudos e planea pasar as vacacións cos seus amigos en Amsterdam, pero todo se torce cando a súa nai –a persoa que máis odia no mundo– o suborna para que pase con ela un último verán nunha pequena vila de Francia. Alí deberá enfrontarse ao seu vínculo roto e ao segredo que garda súa nai.

Mediante un relato cru, agresivo e convulso –feito polo propio Aleksy por recomendación do seu psiquiatra– descubrimos a historia dunha reconciliación imposíbel.

Tatiana Țîbuleac (Chișinău, 1978) estudou Xornalismo e Comunicación na Universidade Estatal de Moldova. Deuse a coñecer en 1995 grazas á súa columna “Historias verdadeiras” nun importante xornal. Traballou tamén como reporteira, como presentadora de televisión e no campo audiovisual.

En 2014 publicou o seu primeiro libro, Fabule moderne (‘Fábulas modernas’), unha colección de relatos sobre a migración. En 2017 chegou a súa primeira novela, O verán no que miña nai tivo os ollos verdes, amplamente traducida, e coa que gañou varios premios. A súa segunda novela, Grădina de sticlă (‘Xardín de cristal’), publicada en 2018, gañou o Premio de Literatura da Unión Europea.


____

Editorial: Rinoceronte 2022
Idioma: Galego