Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O VEO ALZADO

€11,50
ISBN 9788494971365

O veo alzado, novela curta publicada orixinalmente na Blackwood’s Edinburgh Magazine en 1859, enlaza coa tradición vitoriana do horror psicolóxico. Debido á gran cantidade de elementos sobrenaturais e de percepción extrasensorial, supón ademais un caso illado no conxunto da obra de George Eliot, prosista inglesa célebre sobre todo pola súa escrita de corte realista.

A voz en primeira persoa do protagonista, Latimer, trasládalle ao lector as lembranzas de distintas fases da súa vida; faino mediante a alternancia dun relato descritivo e unha serie de reflexións máis fondas, crípticas e abertas á interpretación. Cabe destacar, por unha banda, a enigmática personaxe de Bertha, femme fatale literaria que dá pé á fantasía narcisista e autodestrutiva do subxugado Latimer; e, pola outra, o peso das pseudociencias (a frenoloxía, a clarividencia, a predestinación) e o interesante equilibrio entre realidade e figuración no marco dunha historia de pouso clásico.

O veo, símbolo das limitacións do coñecido, cabe vinculalo a unha concepción naturalista e romántica da escrita. Por último, no plano estritamente literario, salienta a acaída estrutura circular coa que Eliot moldeou o texto, así como o seu sorpresivo final.

____ 

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego