Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O ÚLTIMO BARCO

€23,95
ISBN 9788491513049
VOLVE LEO CALDAS! A filla do odoutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira... Unha mañá de outono, mentras a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe unha visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla... DISPOÑEMOS DA EDICIÓN EN CASTELÁN.

Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a un xantar coa familia na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios. E, aínda que nada pareza alterado na casa nin na vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña ha comprobar que na vida, coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de correntes devastadoras. http://libreriaabrente.es/producto/el-ultimo-barco/

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego