Editorial: Galaxia 03-2024
Idioma: Galego
Diario dunha nai.
Oteu perfil na miña sombra non é exactamente unha narración, tampouco un
libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses
rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o “ser
muller”: a maternidade.
Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresenta-
do, unha experiencia agochada dentro de corpos e voces silenciadas. A definición da
maternidade viña desde outro lugar, marcada por arquetipos perversos que levaban
cosidos moi dentro a idea do sacrificio e o seu reverso de culpa.
A partir da marcha da filla, asistimos nestas páxinas ao relato dese temp o marcado
pola síndrome do niño baleiro, o que dá pé a unha reflexión sobre o complexo mundo
das relacións materno-filiais, sobre o que herdamos e o que só á nosa responsabilidade
pertence, sobre a vivencia do corpo, sobre as sombras e mais o gozo. De fondo, a cons-
ciencia da tremenda ambivalencia dunha aventura que se debate entre o un e o diverso,
entre a apropiación radical da outra e a asunción, tamén radical, da alteridade.
REXINA VEGA(Vigo, 1966) é unha profesora universitaria e serodia escritora de fic-
ción. Comezou no ámbito do ensaio filolóxico con estudos como Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación (Premio Ricardo Carvalho Calero 1997) e na tradución literaria, acadando o premio Stendhal por El secuestro, versión de La
Disparition, de Georges Perec.
En 2007 publicou a súa primeira novela, Cardume, galardoada co Premio Xerais; en
2012 deu ao prelo Dark Butterfly e en 2017 Nadie duerme, versión que aparece retro-
autotraducida para o galego en 2019 como Ninguén dorme. Colaborou no volume
Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017) e na antoloxía Textos
potentes. Atlas de literatura potencial, coordinada por Pablo Martín Sánchez (2019). En
2020 publicou, en Editorial Galaxia, a novela O estado intermedio.
____
Editorial: Galaxia 03-2024
Idioma: Galego