É unha desas obras indispensábeis que todo amante da literatura terrorífica e sobrenatural debera ter nos seus andeis.
Nela Lovecraft desprega uns amplos coñecementos da historia do xénero e expón cales son as súas visións sobre uns e outros autores e correntes, desde as orixes do conto preternatural até os seus contemporáneos de comezos do século XX
O terror sobrenatural na literatura, noveno volume da nosa “Biblioteca Lovecraft” é unha desas obras indispensábeis que todo amante da literatura terrorífica e sobrenatural debera ter nos seus andeis.
Nela Lovecraft desprega uns amplos coñecementos da historia do xénero e expón cales son as súas visións sobre uns e outros autores e correntes, desde as orixes do conto preternatural até os seus contemporáneos de comezos do século XX. De lectura amena e áxil, conta cun extenso repositorio de referencias bibliográficas, moitas delas caídas no esquecemento a día de hoxe, polo que constitúe unha obra de enorme interese para o lector afeccionado, o especialista e o escritor na procura de inspiración.
____