Ler O tempo entre as mans de Xosé Luna é obrar o milagre de conseguir que escintile entre os dedos a imposible alquimia da felicidade memoriada, o recordo dun pasado idílico que traspasa o presente e que se proxecta cara ao futuro. Porque no fondal do pozo do Tempo, nas súas simas máis abisais, no alén do alén, un corazón di a súa canción e o universo párase..
____
Editorial: Edicións Fervenza 12-2020Idioma: Galego