Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

O TEMPO CRONOLÓXICO

€9,00
ISBN 97884128242
O que quere axudar a cativada galega a coñecer o nome das principais unidades de medida temporal na nosa lingua. Publicado POLA MESA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Idade recomendada de 2 a 6 anos

A Mesa pola Normalización Lingüística presentará este sábado, 10 de agosto, ás 18h no Viñetas desde o Atlántico O tempo cronolóxico, o libro ilustrado por Xulia Vicente co que quere axudar a cativada galega a coñecer o nome das principais unidades de medida temporal na nosa lingua. Este título forma parte xunto con O abecedario, As aves e Os peixes e outra fauna mariña do proxecto didáctico que A Mesa adica á educación infantil, proporcionando materiais en galego para nenas e nenos de 0 a 6 anos co obxectivo de potenciar o uso de vocabulario na nosa lingua nesta etapa. O libro O tempo cronolóxico pódese mercar nas librarías do país e mais na web da Mesa por 7,20 € para persoas socias e 8’55 € para público xeral. Xulia Vicente (Cariño, 1993) estudou Belas Artes en Valencia, onde reside dende entón. Dende 2016 publica varios traballos de banda deseñada, como Anna Dédalus: El misterio de la mansión quemada (Andana Editorial), con Miguel Ángel Giner Bou e Núria Tamarit; Duerme Pueblo (Ediciones La Cúpula), de novo xunto a Núria Tamarit; e as dúas primeiras partes da triloxía Sello de Dragón (Sallybooks) con guión de Manuel Gutiérrez. Colabora, ademáis, en revistas e fanzines tanto nacionais coma internacionais, como 2000AD, Xiulit, Nimio ou Sacoponcho. Actualmente adícase á ilustración mentres continúa a traballar na última entrega da mencionada triloxía de fantasía xuvenil. A Mesa quere contribuír con esta liña de publicacións a suplir a escaseza de materiais didácticos en galego para a etapa de 3 a 6 anos, fronte á grande cantidade de recursos existentes en castelán e en inglés, sobre a que alertou no Estudo sobre a educación infantil de Galiza de 3 a 6 anos. Curso 16/17, que se pode descargar no portal web da Mesa (ligazón). Os poucos materiais didácticos que existen para esta etapa débense ao compromiso das e dos educadores e mais á iniciativa social ou privada e dalgúns concellos, sen que haxa respaldo e promoción por parte da Xunta, que se desentende de poñelos a disposición das escolas. Isto supón un agravio comparativo, posto que o profesorado que queira traballar na nosa lingua coa cativada ten que elaborar os seus propios materiais.

____

Editorial: A Mesa