Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O TEATRO NAS IRMANDADES DA FALA

€12,00
ISBN 9788487987977
Esta antoloxía pretende achegar a un público o máis amplo posíbel as obras máis representativas do teatro escrito, e representado, polas Irmandades da Fala no período comprendido entre a creación do Conservatorio de Arte Galega, en 1919, até que, en setembro de 1923, a ditadura do Xeneral Primo de Rivera acabou con todos os grupos de teatro galego que non estivesen vinculados aos coros populares afíns ao novo réxime político. Consonte isto, seleccionáronse obras dos autores máis representativos das dúas tendencias que entraron en conflito cando, desde as Irmandades, se intentou anovar e modernizar o teatro. Dunha banda, Antón Villar Ponte e Xaime Quintanilla representan o sector máis avanzado e europeísta. Da outra banda, Leandro Carré capitaneou a facción que consideraba suficiente a formación de amadores dos grupos da época, estaba satisfeita coa dramaturxia do realismo decimonónico e unicamente admitía a renovación temática. Por último, a única obra dramática de Gonzalo López Abente subiu á escena un tema absolutamente novo, a defensa da igualdade de dereitos para as mulleres e non podía faltar nesta selección.

Índice

Novo teatro para un tempo novo.
Laura Tato Fontaíña

Donosiña.
Xaime Quintanilla

Entre dous abismos.
Antón Vilar Ponte

María Rosa.
Gozalo López Abrente

Un caso compricado.
Leandro Carré Alvarellos

____

Editorial: R.A.G.
Idioma: Galego