Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O SOÑO DA GALIZA IDEAL

€22,80
ISBN 9788498657067

Neste libro reúnense seis traballos, publicados en diversos volumes e revistas entre os anos 2001 e 2015, que teñen como denominador común a análise das dimensións sociopolíticas e culturais da emigración galega e o exilio de 1936 en América.

 Algúns deles obedecen a vellas teimas do autor, como a comparanza da emigración galega coa irlandesa e a faceta como xornalista e político emigrante do escritor Eduardo Blanco Amor. Outros tratan da proxección transnacional de símbolos e mitos en Galiza e América, exemplificada pola figura de Rosalía de Castro e a súa recepción e mitificación entre os emigrantes. no resto analízanse asuntos coma a traslación do galeguismo ás colectividades galegas de alén mar a través, neste caso, da particular percepción que da súa experiencia trasterrada elaborou Castelao; inclúese tamén unha interpretación global do exilio galego de 1936-39, a súa dinámica e a súa peculiaridade dentro do exilio republicano español; e do exilio galego en Europa, menos coñecido mais non menos influente, e da súa interacción coa evolución da oposición antifranquista en Galiza.

Núñez Seixas, Xosé M.

(Ourense, 1966) estudou Historia nas Universidades de Compostela e Dijon, e doutorouse no Instituto Universitario Europeo de Florencia. Catedrático de Historia Contemporánea na USC, entre 2012 e 2017 foino tamén da Universidade Ludwig- Maximilian de Múnic, e profesor convidado no Colexio de Europa (Natolin) e nas universidades de Stanford, París VII e Turín, entre outras. As súas pescudas céntranse na historia comparada e transnacional dos nacionalismos e as identidades territoriais en Europa, os estudos migratorios, a historia sociocultural da guerra e a memoria das ditaduras. Entre as súas obras máis recentes, salientan O soño da Galiza ideal. Estudos sobre exiliados e emigrantes galegos (Galaxia, 2016), Camarada invierno. Experiencia y memoria de la División Azul (2016), Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018 (2018, Premio Nacional de Ensayo, 2019), Guaridas del loboMemorias de la Europa autoritaria (2021), Imperios e danzas. As Españas plurais do franquismo (Galaxia, 2021, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020) e Volver a Stalingrado. El frente del Este en la memoria europea (2022, Premio W. Benjamin de Ensaio 2021)

____

Editorial: Galaxia 

Idioma: Galego