Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

Ó REVÉS

€14,00
ISBN 9788416884858
No mundo de Lea e Tom, as rúas e os colexios teñen nomes de mulleres famosas, e os homes son os que se encargan das fillas e dos fillos. Tal e como sucede en todas as escolas, ensínase que o feminino prevalece sobre o masculino, «porque se considera máis nobre có masculino, debido á superioridade da femia sobre o macho». É así dende tempos inmemoriais e ninguén semella querer cuestionar esta norma establecida. Porén, Lea e Tom danse conta de que algo non vai ben… Polo que comezan a reflexionar sobre os estereotipos deste mundo onde reina a dominación feminina.
Nada o 13 de decembro de 1973, Florence Hinckel é unha escritora francesa de literatura infantil e xuvenil.

____

Editorial: Sushi book 04-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 104
A PARTIR DE 9 ANOS