Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

O REINO MEDIEVAL DE GALICIA.

€24,70
ISBN 9788461732332

Contribución a unha história política.

O Reino Medieval de Galicia de Anselmo López Carreira tense tornado unha obra de referencia para todas aquelas persoas interesadas nunha aproximación rigorosa á historia política da Galicia medieval. Un traballo moi documentado que se sustenta nun achegamento escrupuloso ás fontes e que presenta unha análise pormenorizada en diversas dimensións do devir histórico do Reino de Galicia desde o século V ata o século XV. Nesta renovada e necesaria terceira edición achegamos de novo ao público lector un libro fundamental para compreendermos a historia de Galicia ao longo da Idade Media.

ÍNDICE XERAL
INTRODUCIÓN 13
1. O REINO SUEVO NO SÉCULO V 23
Unha historiografía sesgada 23
Os suevos, uns bárbaros descoñecidos? 32
Entrada dos suevos no Imperio Romano 35
Asentamento en Galicia 37
Expansión territorial 42
Conflitividade interna 45
Reinado de Requiario 49
O Reino suevo baixo hexemonía visigoda 55
Apoxeo e conclusión da conflitividade social 58
Período de escuridade 62
2. O REINO SUEVO NO SÉCULO VI 67
Martiño de Dumio e a reaparición historiográfica do Reino Suevo 67
Segunda conversión ao catolicismo 71
Galicia no contexto internacional 73
Consolidación institucional do Reino no século vi 76
Ampliación do marco territorial 85
Esplendor cultural 88
O final do Reino 98

3. GALICIA NA MONARQUÍA VISIGODA 103
Integración política de Galicia na Monarquía visigoda 106
Organización administrativa da Galicia visigoda 109
O final da Monarquía visigoda 111
4. HISTORIOGRAFÍA E FONTES ALTOMEDIEVAIS 119
Como se construíu a historiografía medieval española 119
A inconsistencia das fontes 136
5. FORMACIÓN DA NOVA MONARQUÍA GALAICA (S. VIII-X) 149
Galicia e a instauración do poder musulmán en España 149
Século viii: reis ou señores? 155
Na procura dunha Corte 163
O debate adopcionista 166
Un Reino bicéfalo: Monarquía e Episcopado 169
O modelo político 174
Oposición señorial ao proxecto monárquico 179
Os mosteiros na organización do poder monárquico 183
A construción do novo tecido político 187
Un país xa previamente organizado 190
6. A ÉPOCA DE AFONSO III 195
As crónicas de Afonso iii e o neogoticismo 195
Reinado de Afonso iii (866-910) 203
A arte, resumo visual dun período 210
7. XEOGRAFÍA DA GALICIA MEDIEVAL 219
O territorio do Reino 219
A concepción xeográfica e política de Galicia ao longo da Idade Media 226

8. RECONQUISTA E REPOBOACIÓN: DOUS IDEOLOXEMAS
DO MEDIEVALISMO TRADICIONAL 257
Reconquista 257
Repoboación 275
9. A MONARQUÍA LEONESA DO SÉCULO X 295
A arte do período leonés como fonte de información histórica 295
Mobilización política dos grandes grupos nobiliares 304
Perfeccionamento e fraxilidade da institución monárquica 315
Consolidación feudal 322
10. O INICIO DO CAMBIO FEUDAL 327
Vermudo iii (1028-1037) 327
Reinado de Sancha e Fernando i (1037-1067): innovacións
e continuidade 331
A sucesión de Fernando e Sancha 338
11. AFONSO VI E A REORGANIZACIÓN DO PODER FEUDAL 345
Novo modelo do poder feudal 345
A ampliación do Reino 350
A herdanza política de Afonso vi 353
Un Imperio galego? 358
12. AFONSO VII E A CONFLITIVIDADE CIVIL DA PRIMEIRA
METADE DO SÉCULO XII 367
Pedro Froilaz 368
Xelmírez 369
A Monarquía 371
A irmandade nobiliar 372
A burguesía 373
Os acontecementos 374
Os movementos burgueses composteláns 380

Fragmentación territorial da Gallaecia. Nacemento de Portugal 383
O imperio de Afonso vii 387
13. FERNANDO II E AFONSO VIII, REIS DE GALICIA E DE LEÓN 391
Reunificación de Galicia e Castela. A decadencia do Reino de Galicia 404
14. AS EFÉMERAS SEPARACIÓNS DO SÉCULO XIV 409
O infante Xoán, rei de Galicia-León (1296-1301) 410
Goberno do infante Felipe 413
Fernando i de Portugal, rei de Galicia 415
Xoán de Gante, duque de Láncaster, rei de Galicia 423
15. O EPÍLOGO DO REINO DE GALICIA NO SÉCULO XV 429
O Reino e os concellos 430
Derradeiros episodios de rebeldía nobiliar 434
CONCLUSIÓN 441
LISTA DE REIS DE GALICIA (410-1387) 445
BIBLIOGRAFÍA E DOCUMENTACIÓN 447
Referencias bibliográficas 447
Fontes documentais 466
ÍNDICE ONOMÁSTICO 469
ÍNDICE TOPONÍMICO 487

RESENHAS - RECENSÕES / RESEÑAS - RECENSIÓNS
«As achegas de Anselmo López Carreira veñen, sen dúbida, a cuestionar o relato da historia “nacional” española, ao tempo que teñen a virtude de promover unha importante relectura do que hoxe sabemos sobre a historia medieval de Galicia. E todo, sobre a base de resultados históricos contrastados, validados, discutidos, revisados e ampliados, e non desde presupostos esencialistas ou da vella lóxica de nacións en conflito ou en competencia.»
— Isidro Dubert, Historiador, Universidade de Santiago de Compostela

«Anselmo López Carreira co Reino Medieval de Galicia incorpora os logros acadados pola investigación dos últimos anos […] Preocupado por recuperar a efectiva presenza do reino galego e devolver a veracidade dos feitos históricos […] vaian os parabéns para unha obra que non debe faltar nos andeis das nosas bibliotecas públicas e/ou privadas»
— Xosé A. López Teixeira, Historiador e autor de Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910)

«Unha contribución á historia política do Reino de Galicia, amplamente documentada»
— LG3, culturagalega.gal

 

 

____

Editorial: BLUKK
Idioma: Galego