
¿Como Victor Hugo foi reparar na existencia de Galicia, e o que é máis: nunha Galicia como país diferenciado, con reinado propio?
Le Petit Roi de Galice é unha “pequena epopea” á que o escritor lle deu moita importancia e forma parte dunha das súas mellores obras: La légende des siècles.
Edicións Laiovento aproveita unha ocasión tan sinalada como a aparición do seu título número cen para ofrecer en lingua galega esta obra dun clásico da literatura universal, que se ocupa dun momento decisivo da historia da nosa nación.
O interese da presente publicación acrecéntase coa reprodución do texto francés, seguindo o manuscrito da Biblioteca Nacional de Francia.
Edición e tradución do francés de Henrique Harguindey.
Ilustracións interiores: Urbano Lugrís Vadillo.
Ilustración da capa: Víctor Hugo.
_____
Editorial: Laiovento 1998
Idioma: Galego