Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O REI BRANCO

€18,00
ISBN WP1069

Djata, un neno de once anos, vive só coa súa nai na Romanía dos anos 80, despois de que requirisen a presenza do seu pai nun “centro de investigación” durante unhas semanas.
Djata, un neno de once anos, vive só coa súa nai na Romanía dos anos 80, despois de que requirisen a presenza do seu pai nun “centro de investigación” durante unhas semanas. O tempo pasa e o pai non volve, xa que en realidade foi internado nun campo de traballos forzados por opoñerse ao goberno. Mentres, o neno vai medrando entre as pelexas cos outros rapaces, os xogos, a descuberta da sexualidade, as desilusións e o choque co mundo dos adultos, no contexto de represión e medo dun sistema totalitario que se esfarela. A través de 18 capítulos, ou relatos interconectados, Dragomán ofrece o retrato que un neno pinta dunha sociedade onde a violencia xera violencia, un fresco que combina o horripilante co humorístico.


____