Sen contar, como esas cousas trascendentais que suceden ás veces, Juan Fariña facía o Camiño de Santiago e, como unha revelación puido sentir e vislumar a vila orixinal de Portomarín antes de ser asolagada polas augas. A historia do que hoxe son tan só ruínas volve á vida da man do novelista, que en O que foi recupera personaxes, diálogos e acentos daquelas casas, daqueles veciños, daquel tempo pasado que nestas páxinas regresa ó presente a través dun fillo de galegos retornado á terra.
Ó longo deste relato atoparán tamén algo sorprendente e mesmo atrevido (nada menos que un "sosia" de Franco) que achega unha boa dose de intriga e orixinalidade a unha novela que non deixa indiferente.
____
Editorial: Medulia 10- 2022Idioma: Galego