Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O PREZO DO INVERNO

€7,00
ISBN 9788494947780

O prezo do inverno é un reto tradutolóxico e unha obra na que se dilúen as fronteiras. Cada poema crea un espazo de ninguén onde as vangardas, o medieval e o metaliterario se mesturan cunha erótica inesperada e a omnipresente morte en clave natural.


O creacionismo do autor preséntase a súa forma máis transformadora. As pequenas metamorfoses de cada texto obedecen aos cambios de estación, mais non só como fenómeno temporal, senón tamén como experiencia social e existencial.
As diferentes voces dos poemas fan eco da relación entre Knörr e Portela, amosando crueldade-compaixón, cinismo-simpatía e retranca inocente e escura a partes iguais. Mentres o ego poético esquece o mundo exterior para se refuxiar no desexo, o activismo do autor remata por confundirse co derrotismo.

____

Editorial: Tulipa

Idioma: Galego