Ir a contenido

O PAÍS ONDE MEDRAN OS LIMOEIROS

€22,00
SKU 9788417388430
A historia dos cítricos percorre a historia de Italia coma un fío dourado. Helena Attlee aproveita este feito para levarnos da man nunha viaxe única e intensa polo pasado cultural, moral, culinario e político deste país.

A autora entretece literatura de viaxes, historia, receitas, horticultura e arte para ofrecer un relato sobre as orixes dos cítricos e a súa influencia no destino do pobo italiano. TRADUCIÓN DO INGLÉS DE MOISÉS BARCIA Helena Attlee publicou catro libros sobre xardíns italianos e sobre a historia cultural de xardíns de todo o mundo. Asemade é membro da fundación de escritores profesionais Royal Literary Fund e traballou en Italia durante case 30 anos.



Editorial: A Curuxa
Idioma: Gallego