Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

O OBRADOIRO DE VIDRO

€15,00
ISBN 9788412259377

Bempa Tantis, outrora idealista, combina certo pulo emprendedor co encanto físico e unha aura gaioleira. Consome a vida entre un negocio non demasiado boiante, un marido abúlico que a idolatra en silencio, dous empregados servís e ilusións de improbable consecución.

Son os alicerces nos que Menis Koumantareas apoia o edificio desta novela urbana, interpretable como elexía do desencanto dunha xeración que entrou na madurez escoltada pola instauración da Ditadura dos Coroneis, un réxime militar que lle puña o ramo a unha cadea de traumas: a II Guerra Mundial, a Guerra Civil subseguinte e o fracaso do posterior réxime parlamentario.

No contexto dunha sociedade tradicionalmente patriarcal, resulta en certa medida singular que o autor tomase unha muller como encarnación do desabor vital dos seus coetáneos. Bempa Tantis é unha figura tráxica, algo habitual na literatura grega polo menos dende a época de Eurípides; personaxes femininas esgazadas entre o que ambicionan e o que conseguen. Hai nela, a maiores, o símbolo dunha época que esmorece: en 1975, ano da publicación orixinal da obra, o groso da poboación helena iniciaba, de maneira máis ou menos consciente, o camiño cara a unha modernidade europea que até daquela fora patrimonio exclusivo das elites culturais.
____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Galego