Benvidos a unha das noites máis especiais do ano. Imos coñecer o Samaín, unha festa chea de máxia, onde case todo pode acontecer.
O NOSO SAMAÍN, non o Halloween…esa é a premisa que moveu a Loretta Birott e á Editorial Galaxia a apostar por este femoso álbum ilustrado por Nuria Valdeón: explicarlle ás nenas e nenos de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen de hai moitísimos séculos, tantos como ten o noso pobo milenario. Para a autora é crucial, e a editorial comparte, que a cativada galega saiba que a tradición dos calacús e do contacto entre os mortos e os vivos é, tamén, galega, que se chama Samaín e que leva celebrándose no País, dende sempre. Unha xeitosa maneira de achegarse a esta tradición nun relato sinxelo, poético e cargado de historias.
____
Editorial: Galaxia
Idioma: Galego