Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O NENO INVERNO

€11,50
ISBN 9788491510178
A comunicación entre dous corazóns magoados. Un libro fermosísimo.

Canosa, María María Canosa (Cee, 1978), Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, sempre estivo vinculada á literatura galega, participando en seminarios, obradoiros, coloquios... e acadou diversos premios, entre os que destacan o Concurso de Contos da Asociación Cultural O Facho (1986-1992), o Certame Literario Terra Cha da Asociación Cultural Xermolos (1989-1992), o certame Contos en Galego-ONCE (1992) e o certame Francisco Fernández del Riego (1993). A súa obra poética está recollida en volumes colectivos: O trasno rebuldeiro. Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte, Rumbo ás illas e Nós, as tres publicadas en 1997. Outras obras colectivas nas que participou foron: Dezaseis relatos (1995), Mini-relatos (1999), Narradoras (2000), Achegamento ao libro (2001) e Lecturas de aquí e acolá. 3 e 4 (2005). A súa obra narrativa componse dos seguintes títulos: Bramido maino (1997), A pedra de seixo (1997), Á espreita na penumbra (1999), e Leo era un león (2002). Desde xullo de 2006 colabora semanalmente como articulista no xornal La Voz de Galicia.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego