Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

O MUNDO DE JANE AUSTEN

€17,00
ISBN 9788410219663

Existe a idea de que Jane Austen era unha señora de vida aburrida que escribía dende unha aldea na campiña inglesa onde pasaba pouco ou nada.
Porén, a verdade é moito máis interesante.
Dende a súa casa rural, Jane Austen conseguiu crear historias universais e personaxes dos que seguimos namorando dous séculos despois do nacemento da súa autora.

Nesta biografía, que é tamén libro de viaxes, coñeceremos os lugares nos que viviu e traballou Jane Austen para así entender como escribía, de onde sacaba as súas ideas e quen era ela realmente.

Raquel C. Pico (Santiago de Compostela, 1984) era unha adolescente aburrida nunhas vacacións familiares cando leu a Jane Austen por primeira vez. Dende entón é cada ano máis janeite e pensa que toda escusa é boa para facer peregrinacións literarias. Traballa como xornalista e escritora, e é unha das autoras, xunto con Ana Bulnes e María Ramos Domínguez, de Emma (especialmente anotada e prologada para o público xuvenil), que publicou esta mesma editorial (porque aínda mellor que traballar con Jane é facelo ademais coas túas amigas).

____

Editorial: Sushi book 11-2025
Idioma: Galego
Páxina: 140
INFANTIL E XUVENIL
GRANDES ESCRITORAS
BIOGRAFÍAS
FAMILIA
FEMINISMO