Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O MÁXICO ARRECENDO E OUTRAS HISTORIAS

€12,00
ISBN WP3843
Unha historia ambientada na Prehistoria de Galicia, e unha completa colección dos seus primeiros traballos en branco e negro, que proban a diversidade do estilo e mais a evolución deste debuxante antes de se converter en profesional.

Recompilatorio de varias obras de Fran Bueno (Santiago de Compostela, 1967) que cumpre os obxectivos marcados pola colección na que se integra. O volume inclúe a reedición de "O Máxico Arrecendo" (1992), unha historia ambientada na Prehistoria de Galicia, e unha completa colección dos seus primeiros traballos en branco e negro, que proban a diversidade do estilo e mais a evolución deste debuxante antes de se converter en profesional. Estes traballos primeirizos foron dados a coñecer en revistas e fanzines como Totem, Frente Comixario e Paté de Marrano e galardoados con diferentes premios. A edición recolle tamén os inéditos “Romeo” (1994) e “Ramón e Rosario”, primeiro premio no X Concurso Galego de Cómics Xuventude (1994). Os traballos van precedidos de senllos textos de presentación de Ángel Manuel Benavente e Fausto Isorna.

____