Didactica
No catálogo lúdico galego priman os xogos que esixen/desenvolven as aptitudes físicas, así como os xogos simbólicos, nos que se ve reflectida a estructura social, os valores, os medos... da sociedade tradicional galega. O emprego dos xogos populares dun xeito educativo pode contribuír definitivamente á conservación?producción dos trazos culturais que nos identifican como pobo. O libro dos xogos populares galegos recolle, por medio de completas fichas explicativas, as características e normas de 123 xogos pertencentes ó catálogo lúdico que os galegos posuímos, podendo afirmar que neses 123 xogos están compendiados tódolos tipos de xogos que fomos quen a crear —ou a adaptar, segundo os casos— ó longo da nosa historia como pobo. En cada ficha atopará vintedúas variables ou entradas. Desde a entrada 1 ata a 11 trátanse os aspectos descritivos; desde a entrada 12 ata a 22 trátanse aspectos educativos, pedagóxicos ou didácticos.
Paco Veiga
Profesor de Lingua e Literatura no IES Melide, ten desenvolvido o seu labor profesional no campo da educación primaria, a formación de pais/nais, a radio e televisión educativas e o ensino secundario. Membro do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e Redacción da Revista Galega de Educación, vén centrando o do Consello de seu interese, nomeadamente, na problemática da normalización lingüística e cultural de Galicia.
Membro fundador da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, é autor de dúas obras sobre o patrimonio lúdico galego. Coordina o EDLG do IES Melide desde tempo atrás, tratando de contribuír a convertelo nun Equipo dos denominados tea de araña, con capacidade de incidencia real en todos os aspectos da vida do centro, e aspirando tamén a influír no día a día da comarca da Terra de Melide.
____
Editorial: Sotelo Blanco
Idioma: Galego