Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O LECTOR

€15,00
ISBN 9788412259322

Cun propósito catártico, Michael Berg plasma por escrito a historia que, na adolescencia, o vinculou para sempre con Hanna Schmitz, a muller coa que, malia lle dobrar a idade, mantivo unha relación secreta caracterizada pola descuberta, o erotismo e unha atmosfera tan enigmática coma atractiva, na que tamén tiña cabida a lectura: día tras día, o mozo líalle en voz alta os grandes clásicos da literatura. Así decorrían as súas xornadas xuntos até que de socato ela desaparece. Anos máis tarde, Michael, xa estudante de Dereito, acode canda os seus compañeiros a un xuízo contra cinco gardiás dun campo de concentración, no marco do terror nazi. En consecuencia, vese enfrontado a uns feitos dramáticos e obrigado a calibrar os límites entre a compaixón e a xustiza; no fin de contas, deberá recompoñer a lembranza da muller que amou a fin de se liberar da culpa e do peso dos recordos.

Construída a partir de diversos elementos autobiográficos, O lector achega unha reflexión sobre a barbarie nazi e pinta, en paralelo, unha relación amorosa de fonda pegada. Aborda pois moitos dos problemas cos que as novas xeracións de alemáns tiveron que lidar tras a Segunda Guerra Mundial: a culpa, a redención e a responsabilidade. Esta sutil e valente obra foi traducida a máis de corenta linguas, vendeu millóns de exemplares en todo o mundo e foi distinguida con importantes premios a nivel internacional. Deu pé, así mesmo, a unha soada versión cinematográfica en 2009.
         
____


Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego