O corazón dos paxaros é unha alegación contra a caza. Unha historia que abala entre o divertimento e o compromiso na que, a través do humor, a poesía e a musicalidade dos xogos de palabras, se busca pór de manifesto a importancia dos animais e a necesidade dun cambio profundo na nosa relación con eles.
Ilustracións de Nuria Díaz.
Bonito álbum ilustrado moi ben debuxado por unha das grandes ilustradoras da actualidade. A historia é sinxela e maniquea: o protagonista, un ecoloxista amante das aves chamado Crisantemo, ten que enfrontarse a unha camarilla de cazadores, malísimos sen matices, liderados polo propio alcalde, que percorren os bosques co seu Land Rover para matar paxaros.
BIOSBARDIA
____
Editorial: Galego 08- 2023Idioma: Galego