Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

O CONTO DO OUTRO DÍA

€13,00
ISBN 9788413430225

Ese máxico momento familiar antes de durmir condensa o amor incondicional e o pracer compartido de deixar voar a imaxinación. Un vínculo a través da palabra, que calma e sanda: a chave de acceso a soños felices.

«O conto do outro día» representa o amor incondicional aos fillos a través dun tenro diálogo -na escuridade do cuarto, pouco antes de durmir- do que se desprende a capacidade dos nenos para conseguir que a persoa adulta recupere, da súa etapa infantil pasada, a emoción e a fantasía perdidas. Moitas familias identificaranse con esta estampa nocturna, agardando a que os máis pequenos da casa queden vencidos polo sono.

____

Editorial: Kalandraka

Idioma: Gallego