Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O CARLISMO GALEGO

€29,50
ISBN 9788484871439

"Cando publiquei este libro no ano 1976, na desaparecida editorial Pico Sacro de Santiago de Compostela, as únicas referencias bibliográficas eran ou as carlistas ou as que procedían da escola do profesor Suárez Verdeguer, do Estudio General de Navarra, que impregnou os seus libros dunha certa compostura académica da que carecía a bibliografía tradicional. Pero pasaron 32 anos e hoxe dipoñemos dunha historiografía sobre o carlismo á que lle dedicamos atención nas páxinas introdutorias.

A primeira guerra carlista (1833-1839) non foi un episodio máis no turbulento século XIX. O que estaba en xogo non era unha monarquía presidida por Dona Isabel ou D. Carlos Isidro senón dous modelos sociais e dous modelos de Estado. E iso foi o que se decidiu nesa prolongada guerra.

Baixo esta perspectiva, as investigacións máis recentes sobre o carlismo procuran identificar os grupos sociais que apostaron por un ou outro modelo, polo liberalismo ou polo absolutismo. Exactamente como intentamos facer na primeira edición deste libro.

Nesta segunda edición incluímos novas referencias e informacións, matizamos algúns conceptos pero mantemos a mesma estrutura e, sobre todo, a tese central: que a pesar do apoio explícito do clero (máis de cincuenta clérigos morreron coas armas na man ou foron fusilados), dun sector importante da fidalguía e dos empregados da administración señorial, o carlismo fracasou en Galiza pola falla de apoio popular. Como en xenial intuición escribiu Valle Inclán, en Galiza só houbo fogueiras pero non un grande incendio"

(Xosé Ramón Barreiro Fernández)

_____

Editorial: Laiovento 2008

Idioma: Galego