Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

SOMOS PANDEREITEIRAS

€17,95
ISBN 9788411106092

Esta é a historia dunha serie de mulleres que, coa pandeireta na man, eran libres.

Tal e como afirma Mercedes Peón no limiar, eran «libres de tocar, de berrar, de aloumiñar coa voz, de disociar e ornamentar mentres tiñan o seu transo en colectividade, libres de facer a foliada, donas do serán e donas da palabra».
A partir do recoñecemento desa liberdade, naceu o proxecto «Somos Pandeireteiras», o lugar onde a centralidade estaría ocupada por un pronome feminino plural: nosoutras.
Este libro é unha consecuencia dese proxecto de pensamento e articulación social e cultural impulsado pola sororidade e promovido pola investigadora, pandeireteira e compositora Mercedes Peón.
Nas súas páxinas, seis mulleres galegas contemporáneas (Ana Romaní, María Reimóndez, Andrea Nunes, Susana Sanches Arins, Mercedes Peón e Selina Otero) recollen o testemuño desde a súa propia palabra.

____

Editorial:Xerais 01-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 104
MÚSICA TRADICIONAL
MÚSICA POPULAR
Letras Galegas 2025