Na década de 1970, Camilo vive nunha vila burguesa dentro dun dos suburbios máis pobres do Río de Xaneiro. Un día chega á súa casa Cosme, un rapaz da súa idade, apadriñado polo seu pai. Pouco despois de pasaren do odio ao amor e descubriren xuntos o desexo e a vida nas rúas do Río, Cosme morre de forma tráxica, acontecemento que perseguirá a Camilo no transcurso dos anos e marcará o seu rumbo.
Victor Heringer (1988-2018) foi un novelista, tradutor, cronista e poeta brasileiro. Publicou o seu primeiro poemario con 23 anos, Automatógrafo, e un ano despois vería a luz a súa novela debut, Glória, coa que obtivo un dos premios literarios máis importantes do Brasil, o Jabuti. Con O amor dos homes avulsos (2016) volveu acadar este galardón. De xeito póstumo, publicáronse un libro de crónicas titulado Vida Desinteressante (2021) e a súa poesía reunida (Não sou poeta, 2024).
____
Editorial: Rinoceronte 02-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 166
FICCIÓN, NARRATIVA
CONTEMPORÁNEA
AMÉRICA