Nestes versos de Inés, somos testemuñas da longa viaxe, da intensa peregrinación que emprende para deixar marchar o loito dun destes desapegos e atopar abrigo no afastado, no, a priori, descoñecido. É unha viaxe física, visceral, que atravesa Europa ata alcanzar as lombas romanesas, os horizontes fríos de cor dourda e os arumes xitanos de biscoito de manteiga ou fume de pipa.....
____
Idioma: Galego