{"product_id":"non-todo-o-que-cae-na-rede-e-peixe","title":"NON TODO O QUE CAE NA REDE É PEIXE","description":"\u003cdiv id=\"content\"\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"test_class\"\u003e\n\u003cdiv class=\"descripcion_bloque\"\u003e\n\u003cdiv id=\"content\"\u003e\n\u003cdiv class=\"descripcion_bloque\"\u003e\n\u003cdiv id=\"content\"\u003e\n\u003cdiv class=\"descripcion_bloque\"\u003e\n\u003cdiv id=\"content\"\u003e\n\u003cdiv class=\"test_class\"\u003e\n\u003cdiv class=\"test_class\"\u003e\n\u003cdiv class=\"fila_botones\"\u003e\n\u003cdiv class=\"test_class\"\u003e\n\u003cdiv class=\"fila_botones\"\u003e\n\u003cdiv class=\"test_class\"\u003e\n\u003cdiv class=\"fila_botones\"\u003e\n\u003cdiv class=\"descripcion_bloque\"\u003e\n\u003cdiv id=\"content\"\u003e\n\u003cp class=\"p1\"\u003e\u003cstrong\u003e\u003cspan class=\"s1\"\u003e500 unidades fraseolóxicas galegas.\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/strong\u003e\u003cspan class=\"s1\"\u003eEste dicionario pretende contribuír ao coñecemento e bo uso da nosa, bastantes veces descoñecida, fraseoloxía. Para iso, presenta 500 unidades fraseolóxicas de diferentes tipos e niveis de lingua documentadas en moi variados autores e obras. Alén diso, ofrece unha lista castelán-galego coa finalidade de que se relacionen as expresións das dúas linguas para evitar expresións alleas ao noso idioma e innecesarias.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"p1\"\u003e\u003cspan class=\"s1\"\u003e\u003cstrong\u003eUn dicionario fraseolóxico documentado\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003ePara este dicionario, escollemos 500 unidades fraseo-lóxicas que nos pareceron interesantes, ordenámolas alfabeticamente e numerámolas, procurando xuntar a información das variantes, cando as coñecemos, nun só artigo fraseográfico. Cando a variante comeza alfabeticamente lonxe da variante principal ou daquela que aparece primeiro, completamos isto recorrendo ás remisións.\u003cbr\u003eTrátase das variantes que non están numeradas (este home \u0026gt; 207).\u003cbr\u003eUn aspecto importante de todo dicionario son os exemplos. No caso deste, para documentar as UF recorremos a obras de calquera xénero literario, sobre todo narrativa, e a xornais e revistas, e completamos iso cos corpus informatizados TILGA e CORGA. Nos casos en que non achamos abonacións, creamos nós os exemplos.\u003cbr\u003eCando a autoría dos exemplos é de persoas colaboradoras ou informantes recollemos os seus nomes na parte do final titulada \"Colaboradores e informantes\".\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cstrong\u003eÍndice\u003cbr\u003e\u003c\/strong\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan class=\"s1\"\u003eIntrodución.\u003cbr\u003eUn dicionario fraseolóxico documentado.\u003cbr\u003eTipos de unidades fraseolóxicas incluídas.\u003cbr\u003eUso do dicionario\u003cbr\u003eAbreviaturas e signos empregados ..\u003cbr\u003eDicionario fraseolóxico\u003cbr\u003eLista castelán-galego de equivalencias.\u003cbr\u003eAutores e obras citadas.\u003cbr\u003eColaboradores e informantes.\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"p1\"\u003e\u003cspan class=\"s1\"\u003e\u003cspan\u003e\u003cstrong\u003eRamón Anxo Martíns Seixo\u003c\/strong\u003e (Vigo, 1959), catedrático de galego de escolas de idiomas na EOI de Vigo, foi director e coautor do \u003c\/span\u003e\u003ci\u003eDicionario fraseolóxico galego\u003c\/i\u003e\u003cspan\u003e (2000) e autor, entre outros, dos seguintes traballos: \u003c\/span\u003e\u003ci\u003ePerdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega\u003c\/i\u003e\u003cspan\u003e (2013); \u003c\/span\u003e\u003ci\u003eHai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro\u003c\/i\u003e\u003cspan\u003e (Forcarei) (2016) e \u003c\/span\u003e\u003ci\u003eDese pau teño eu unha gaita. A fraseoloxía na obra de Manuel Leiras Pulpeiro\u003c\/i\u003e\u003cspan\u003e (2024).\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cspan style=\"font-size: 0.875rem;\"\u003e____\u003c\/span\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Morgante 03-2026\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 248\u003cbr\u003eENSAIO\u003cbr\u003eLINGÜÍSTICA\u003cbr\u003eGALICIA\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Moncho Seixo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52599467671899,"sku":"9788419040619","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/CUB_NonTodo.jpg?v=1773668153","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/non-todo-o-que-cae-na-rede-e-peixe","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}